domingo, 18 de noviembre de 2018

un verdadeiro dilema

Pero cando dixen que a súa situación foi especialmente delicada non me refiro á persecución que sufriron... nin sequera as torturas e o sadismo...

As testemuñas de Xehová eran o único grupo perseguido por Hitler que tiña a oportunidade de quedar libre ca única condición de firmar un documento no que renunciasen a súa fe. 
¿Cómo é isto posible e porque Hitler os odiaba tanto?

  O historiador Brian Dunn sinalou tres razons fundamentais, o seu alcance internacional, a súa clara oposición ao racismo, e a postura verdadeiramente neutral con respecto ao Estado. A causa dos seus criterior baseada nas escrituras negáronse ao saudo hitleriano, e a apoiar o partido nacionalsocialista ou posteriormente en participar noutras actividades militares. O lugar onde peor foi esto foi en Hamburgo, onde, en solo uns días despois do 7 de octubro, a Xestapo arrestou a 142 membros.

En consecuencia, soportaron ameazas, interrogatorios, rexistros domiciliarios e outras formas de acoso da policía e as SA (las Sturmabteilung de Hitler, tropas de asalto o Camisas Pardas). O 24 de abril de 1933, uns funcionarios confiscaron E clausuraron as oficiÑas da SociedadE Watch Tower situadas en Magdeburgo (Alemania). Tras un riguroso rexistro que non aportou ningunha proba incriminatoria, e a instancias do Departamento de Estado de Estados Unidos, a policía devolveu a propiedade. Non obstante, para  1933 as testemuñas estaban proscritas en varios estados alemanes.

En 1936, se cursou orden de encarcelar a todolos dirixentes de los Internationale Bibelforschervereinigung (I.B.V.) en Alemania. En 1937 a "Gestapo" ordenou encarcelar a toda persoa que de algunha forma apoiara aos Bibelforscher. En 1939, cando se iniciou a guerra entre Alemania e os Aliados, a situación empeorou para os Bibelforscher: se lles encarcelou, torturou e asesinou en masa. Se estima que de entre os 25,000 Bibelforscher que había en Alemania nesa época, chegaron a morir en campos de concentración, prisions e outros lugares, uns 2,500. Os campos de concentración onde estIveron recluidos os Bibelforscher foron entre outros: Auschwitz, Belsen, Buchenwald,Dachau, Mauthausen, Niederhagen, Pulawy, Ravensbrück e Sachsenhausen.

Hitler non era ningún tonto.  Sabia que as testemuñas tiñan verdadeiras conviccions que determiñaban todalas suas accions independientemente do prezo. Eso, o carácter irrompible deles, os facia o seu branco. No caso de poder dobregaros xa non tiñan ningun interes para él, e, sabia moi ben que cando nun grupo alguns se rinden o demais tenden a facelo tamén. 
Agunhas testemuñas tiñan razons de moito peso para claudicar...pero a inmensa maioria deles non o fixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.