domingo, 18 de noviembre de 2018

O orgullo sano





























Como unha imaxe vale máis que mil palabras... aquí o tedes. Excuso describir a escena. Todos os presentes teñen conciencia. Por eso moitas das persoas que  estiveron ali sentíronse mal, moi mal. Alguns, tralo sucedido, quitáronse a vida. Outros intentaron durante un tempo facer as cousas ben. Pero a presión puido con eles. O grupo o fixo. Chámame moito a atención dous fenómenos que a ciencia descubriu sobre os grupos. Cando ocorre algo terrible e hai moita xente na sala, todos esperan a que outro interveña para axudar. O outro fenómeno e que, ainda que un sepa que algo é dunha maneira, se vemos que o noso redor a xente o ve distinto, tendemos a pensar que somos nós os equivocados. 

A falta de empuxe, de valentia, de identidade, de reflexión ten un papel moi grande nesta sociedade. Tristemente, ao que tendemos e a anular a nosa conciencia. Non quero ser conspiranoico e non o son, pero sei que existe una campaña enorme para que anular as nosas conciencias. Os que teñen o poder o teñen porque xa a anularon. Pensan que non ter escrúpulos fainos mais fortes. Nunha cousa non se equivocan, teñen o poder agora mesmo. Pero vivir nun mundo así non os beneficia, porque viven nun mundo que sempre se atopa nun abismo. A bomba de reloxeria que isto supón é así sinxelamente porque non foron deseñados para ter o poder que levan, que, en realidade, non lles corresponde. 

Isto é unha cousa que por moito que me guste non podo cambiar, nin eu nin ningún outro idealista por moito que o desexe ou o intelixente que sexa. Este sistema saca o peor das persoas, corrompe o espirito e mata as boas intencions, premiando o que se pon a si mesmo por diante. A inxustiza e a ausencia dun verdadeiro caudelo é o que fai imposible a paz nun mundo onde todos temos conciencia. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.