martes, 5 de marzo de 2019

¿Entón, que pensamos?



Pero chegados a este punto, e estando seriamente comprometidos ca lóxica e a búsqueda da verdade, surxe unha inevitable pregunta...¿Como conciliar a creenza en Deus, por moito apoio que teña da ciencia, co sufrimento que existe no mundo?
Simone de Beauvoir dixo: "resúltame máis fácil creer nun mundo sen creador que nun creador cargado con todalas contradiccions do mundo".  E, pensándoo ben, ¿de que serven tódalas leis do universo, do adn, todo o bo que temos na terra, se a vida dura dous dias e para moitos son un calvario? ¿proban as inxustizas do mundo que non existe un Deus e que tanto a Biblia como a ciencia, unidas ambas na lóxica, están equivocadas? 
A modo de ilustración: se se utiliza un coitelo para ameazar, ferir o ata asasinar a unha persoa, ¿proba isto que o coitelo non tivo fabricante?¿non amosa, mais ben, que se lle deu mal uso?De modo análogo, gran parte do sufrimento humano evidencia que o home está usando mal as aptitudes que Deus lle deu, asi como a terra. O cambio climatico e so un pequeno exemplo do que estou a falar.
Pero, deixando a un lado a terrible administración humana do que Deus nos deu, ¿que pasa ca morte? Moitas persoas din que a morte é algo natural. E din eso porque é ao que están resignados. Acudamos a ciencia. Ela ensina que as nosas células , dende que nacemos, e mesmo dende que somos concebidos, seguen un claro proceso de rexeneración continua e constructiva. Non entenden porque, nun momento dado, o proceso se reverte dando lugar ao envellecemento e como consecuencia a morte. Según eles, non é natural. Simplemente, e sen explicación, e algo que ocorre. Sen embargo todalas persoas cuerdas non desexan ponerlle fin a sua vida e menos en condicions optimas que son as que Deus  propuxérase. Se o natural e ciclo da vida fose simplemente reproducirnos e morrer, ¿ acaso non naceriamos xa dispostos a cumprir con ese fin sen rechistar? ¿cantos cientificos e poetas estudaron e exploraron con experimentos ou imaxinación a posibilidade de vivir para sempre? ¿Como completa a Biblia esta información? nela explica que Deus puxo no corazón de todalas súas criaturas ese desexo, e ese concepto. O da eternidade. Que pasou entón? ¿Acaso Deus non puido, non é capaz de cumprir o seu propósito de que vivamos para sempre na terra en total armonia e benestar? isto é o que responderei no meu seguinte blog. Espero que non volo perdades.
"creo en Deus porque, para min, a sua divina existencia é a única explicación lóxica do estado das cousas". científico naturalista  Irving William Knobloch
 “Como ser humano común, e tambén como home que  adicou a sua vida a investigación e ao estudo científicos, non teño ningunha dubida sobre a existencia de Deus”. fisiólogo Marlin Books Kreider

“entre os científicos de primerísima categoría se encontran moi poucos ateos. Ni os adelantos da ciencia nin o fracaso da relixión deben facer que deixemos de creer en Deus". profesor de Física Henry Margenau,

 “A única explicación aceptable é a creación. Sé que esto é anatema para os físicos, como de feito o é para mín, pero non debemos rechazar unha teoría que non nos gusta si a proba experimental a apoia”. físico H. S. Lipson

O límite está no ceo


Onde achar verdadeira información sobre o Creador. Bueno, unha das fontes é evidente, a que Él non facilitou. O libro mais sagrado e antigo e de mais ampla distribución, a Biblia. Nela di, por exemplo, que Deus preparou a terra pensando especialmente nos seres humanos. Isaias 45:18 di respecto a ela que Deus non a creou sinxelamente para nada, senon que a formou para ser habitada e que dotou ao planeta de todo o que o home necesita, non so para vivir, senon para disfrutar ao máximo da vida. Usemos a ciencia para corrovorar esta afirmación. 
 As relacions sexuais no caso dos seres humanos non se limita o apareamento para procrear. Por exemplo, descubriuse que durante as relacions íntimas existe unha especie de intercambio de sentimentos mediante o cal a outra persoa pode recibir información sobre o que non preocupa e desa forma comprendernos mellor e compartir a nosa carga. Isto é particularmente interesante ya que moitas persoas non entenden porque a Biblia pon límites a estas relacions, que sitúa, por exemplo, so dentro do matrimonio. Os cientificos descubriron que cando temos intimidade cunha persona a que non amamos, esa información que recibimos dela non nos interesa e por eso a rexeitamos , experimentando a sensación de vacío que das que as persoas dan conta despois de practicar sexo con extranos. Cando a parella está unida e comprometida, hai moito mais que descarga de dopanima, pracer, e fecundación. Constrúese felicidade. Sentimento se seguridade, de pertenza. Aspiracions e experiencias que fannos ver a clase de Creador que o deseñou. 
Que podemos dicir da comida? Hay variedade de alimentos que nos proveen dos mesmos nutrientes. Por exemplo, diferentes frutas. Pero es que dentro dun mesmo tipo de fruta, como a mazá, hai 7000 variedades coñecidas ata agora. ¿Para que? Exclusivamente para que disfrutáramos delas. 
 Resultado de imagen de oxitocina
Resultado de imagen de tipos de manzanas

Unha mente impersoal ou un pai?



 Albert Einstein admitiu: "Dificilmente acharedes entre os talentos científicos mais profundos, un so que careza dun sentimento ou asombro extasiado ante a armonia da ley natural, que revela unha intelixencia de tal superioridade que, comparados con ela, todo o pensamento e todalas accions dos seres humanos non son mais que un reflexo insignificante". Agora ben, esta actitude reverencial non motiva necesariamente aos científicos a creer un Deus persoal. Entenden que o universo tivo un principio. Admiten que é dificil pasar por alto a proba de que hay unha intelixencia tras de todo. Freeman Dyson, profesor de física, comentou: "mentras mais examino o universo e estudo os detalles da súa arquitectura, mais proba acho de que dalgunha maneira o universo sabia que viñamos". Como científico adiestrado nos hábitos do pensamento e da linguaxe do século 18 non afirmou que a arquitectura do universo probe a existencia de Deus, senon so que a arqitectura do universo é consecuente ca hipótese de que un elemento mental desempeña un papel esencial no seu funcionamento.
É relevante que sexa Deus, unha persoa ou basta con saber que houbo un Creador? 
Sempre me chamou a atención a necesidade que teñen os nenos adoptados de saber de onde veñen, incluso os que aman aos seus pais adoptivos. Desexamos coñecer aos nosos pais biolóxicos. É máis, o necesitamos. Cada vez existen mais foros de internet e organismos para localizar especialmente a nais e irmans biolóxicos. Da mesma forma, requerimos relacionarnos co noso Creador. Conta desta necesidade é que has preguntas mais importantes sempre sexan as relacionadas co noso orixe e propósito na vida. Ademáis, se Él nolo deu todo, non se merece que busquemos coñecelo? por outra banda, non tera consellos útiles para nós?  por moito que a ciencia sexa útil, en palabras do cosmólogo Allan Sndage: "Non acudo a un libro de bioloxia para aprender a vivir". 

Resultado de imagen de familia dibujo