Inmediatamente, os obxetores mostran o seu desacordo co decreto no que só se recoñecen motivacions de carácter relixioso, por
tratarse dunha lei militar na que a exención se regula mediante
prórrogas de incorporación a filas que ademáis están condicioadas por
tres certfificados de boa conducta, porque en caso de no conseguir
estos certificados quedan obrigados a realizar o servizo militar e porque finalizado o servizo non armado pasan a reserva. Tamén
critican a ambigüedade do decreto no que se refire a xura da bandeira, a situación en caso de guerra e pola duración das
prestacions, máis do dobre que a militar. Apoiados por outros grupos
como os de acción no violenta inician unha nova campaña, pedindo
recurso de contraforo e como consecuencia desta campaña se suspende u o consello de guerra contra varios obxetores que tiñan que celebrarse en
setembro de 1977, sendo postos en libertade once dos dezaséis
que permanecían presos no castelo de Figueras.Continúa sendo
enormemente ambigua para cerca de sesenta membros do Movemiento de
Obxetores de Conciencia (MOC) que neses momentos alegaron esta
motivación para no incorporarse as filas.
O MOC tiña elaborado un proxecto de estatuto xurídico para
incluilo na Constitución en base ao servizo civil e que, no seu día,
presentaron aos distintos partidos para recabar o seu apoio, pero na Constitución, tal como se encontra nestos momentos e no seu artígo 28, a obxeción de conciencia aparece como un motivo máis de exención,
similar a ter os pes planos ou unha enfermidade psíquica, pero se segue
sin recoñecer o dereito da persoa a sustituir o servizo militar
por un servizo civil, se así o desexa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.