domingo, 18 de noviembre de 2018

¿Por qué é especial?

Se temos en conta que o ser humano é unha pequena cousa no mundo pode soar extrano que sexa a resposta a todo.. en realidade é algo que temos todos e tamén que podemos ignorar ou aplacar...

Dixen que a conciencia foi implantada por Deus, e o dixen como un feito que non pode ser sometido a debate. Isto é porque a conciencia e moito mais que unha creación súa...é o selo seu. É a proba de quen nos fixo e tamén da clase de persoa que é. ¿Como cheguei a esta conclusión?

Vexamos o plantexamento da vida dende o punto de vista da evolución e a selección natural. Moitos estudosos afirman que as capacidades que temos as adoptamos na medida en que nos adaptamos ao medio. Din que cambiamos ao longo das xeracions porque imos mellorando. Esta suposta mellora é todo o que faga que vivamos mais, tanto a nosa especie en xeral como a nosa familia e cada un de nós. 

Anímote a pensar... ¿ De que te sirve a conciencia dende o punto de vista da supervivencia? a conciencia non nos move a buscar o máis ventaxoso para un mesmo senon o que está ben, o cal moitas veces entra directamente en conflicto co primeiro. 

Segun TSUN TZU o obxectivo da estratexia é poñer ao noso favor as condicions mais favorables xulgando o momento preciso en que temos que atacar ou retirarnos,seguro de explotar a situacion no seu proveito. Así de sinxelo. Sen embargo, cando falamos dun enfrentamento e a conciencia entra en xogo hai moitas outras cosas que por na balanza. ¿Cantas persoas morreron para salvar a outras? ¿Cantos deron a súa vida pola causa a que a sua conciencia os comprometeu? ¿Cantas persoas foron asasinadas por negarse a ir a guerra?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.