domingo, 18 de noviembre de 2018

obxeción de conciencia

Vexamos como a conciencia pode diferir... en cousas moi grandes. 
  
A negativa a facer a guerra,  calquera que sexa a causa, ten hoxe a súa expresión no "movemento internacional de obxetores de conciencia". Opoñer a razón do Esrado a conciencia individual non é so un problema filosófico, é, ante todo, unha forma de vivir e de entender a vida que se traduce para quen a asume, en graves consecuencias. 

Equipos de estudos examina neste traballo as motivacions, a historia que se remonta aos primeiros tempos da cristiandade e a situacion actual desde movemento no noso pais. 

As motivacions relixiosas son as que deron un maior número de obxetores de conciencia, o respeto a vida, o principio da Biblia "non matarás" foi en moitas ocasions a razón da negativa a levar armas dunha boa parte dos obxetores de conciencia. O valor da persoa, a promoción da vida, o inhumano da guerra, o sentimento de solidaridade entre homes por encima de nacions e fronteiras, levaron a moitos mozos a negarse a participar na guerra ou na súa preparación mediante a prestación do servizo militar. A "no violencia" como forma de loita nunha sociedade fundamentalmente violenta, o análisis dunha sociedade que adica a gastos militares mais cartos que a promoción do home nun mundo onde as duas terceiras partes dos seus habitantes pasan fame son causas tamén para algúns na súa negativa, como expresión da sua actitude crítica ante o militarismo e os engranaxes que institucionalizan a violencia. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.