domingo, 18 de noviembre de 2018

No noso país

La obxeción de conciencia no noso país

En 1959 é a primeira ocasión en que todas as testemuñas de Xehová se negan a facer o servizo militar, sobre os que recaen sucesivas condenas de seis meses a seis anos ata que a ideade de 38 obteñen a licencia. Ainda que a súa postura a manteñen entre eles porque non a plantexan coma alternativa social, representan un problema, por canto o código de justiza militar non preveu a negativa ao cumprimento do servizo militar. 

Para regular esta situación o goberno, en 1970, presentou as cortes un proxecto de lei sobre a obxeción de conciencia por motivos relixiosos, propoñendo a sustitución do servizo militar habitual, para mozos de confesión relixiosa no católica, por un servizo militar no armado en grupos especiais do exército e por un periodo non superior a 3 anos. O proxecto do goberno foi rexeitado... foi a primeira vez que ocorreu algo semellante, e nas enmiendas se chegou a solicitar tratamento psiquiatrico para os obxetores. 

Paralelamente, e dende 1967, se foron xestando grupos de acción non violenta, e un do seus membros é o primer obxetor que se negou foi procesado en encarceado en abril de 1971. Iniciose unha campaña internacional e unha marcha dunhos setecentos obxetores, dende Xinebra, e no noso país se iniciaron campañas en favor dun estatuto que regulara a obxeción de conciencia e reclamaron liberdades democráticas. Estas accions moveron o goberno a presentar un novo proyecto as cortes que orixinou tal división entre os procuradores que foi retirado polo propio goberno.

 En Decembro de 1973 as cortes aprobaron a lei da negativa a prestación do servizo militar e na que se condenou aos obxetores a penas de tres a oito anos de carcere e a privación tras cumplir a condena de dereitos políticos e incapacitación para traballar en entidades públicas, na administración local e na ensinanza. Como resposta os obxetores propuxeron nun documento a creación de un corpo, ¨"voluntarios para o desenrolo" onde se prestaria un servizo civil, non superior aos dous anos en aqueles lugares onde fora mais necesario e no se interfereria cos postos de traballos remunerados.

O documento, avaliado por 1250 firmas foi presentado ao goberno por xustiza e paz. Ainda que a proposta non foi aceptada un grupo de obxetores puxoa en práctica en 1975 no barrio barcelonés de Can Serra, que padece graves deficiencias infraestructurais. 
Alí se encargaron de organizar colonias de veran, guarderías, escolas de adultos e non esqueceron tampouco aos vellos, pero en febreiro do ano seguinte e pese as peticions dos veciños cinco do grupo foron detidos, e permaneceron encarceados ata agosto do 1976,data do decreto de amnistia, no castelo de Figueras. A súa saída, denunciaron que o problema da obxeción de conciencia seguia sen resolverse, e sin que o goberle lle atope una solución. 

a nivel lexislativo a situación modificouse en decembro de 1976  cun real decreto sobre a obxeción de conciencia por motivos relixiosos que estipula: «Se establecen prórrogas de incorporación as filas de cuarta clase que poderán disfrutar os mozos que por razons de conciencia, de carácter relixioso, se mostren opostos ao emprego de armas e elixan unha prestación persoal en postos de interese cívico (...) Durante a prórroga lles será extendido un certificado do seu comportamento no posto asignado que, de ser favorable, lles permitirá solicitar nova prórroga. A prestación do servizo en condicions favorables por tres períodos consecutivos dun ano permitirá obteer a exención do servizo militar activo pasando a situación de reserva.»


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.