domingo, 18 de noviembre de 2018

¿Cómo xuridiu a obxeción de conciencia?

Entre os primeiros cristians existiu unha tradición non violenta e era frecuente a negativa a participar na guerra. Esta tradición rompeuse a partir de Constantino e a igrexa, aliada do poder temporal, comezou a xustificar a guerra chegando a promovela e sacralizala como un medio eficaz de evanxelización. 

Nembargantes, a obxeción de conciencia, como negativa ao cumplimento dunha obriga cidadá non apareceu ata que Napoleón non implantoú a obrigatoriedade do servizo militar e o seu exemplo foi seguido pola maioria dos estados europeos. Os cuarqueros, adventistas, e anabaptistas, que consideraban contrario a súa conciencia ter armas, sufriron a partir dese momento unha dura represión que lles moveu a emigrar masivamente a América. O movemento de obxeción non adoptou unha organización diferenciada dos distintos grupos relixiosos ata a primeira guerra mundial.

 O horror a esta guerra, con millons de víctimas e na que se empregaron técnicas de destrucción de enorme eficacia despertou unha conciencia pacifista e un movemento antibélico que se extendeu e organizou e que ten a sua expresión en homes e pensadores como Bernard Russell. Na segunda guerra mundial o movemento está firmemente asentado en Europa e soamente en Alemania foron executados 32.000 obxetores que se negaron a participar ca politica militar agresiva de Hitler. Despois da segunda guerra mundial e, da tremenda destrucción polas bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki, o movemento contrario a guerra e a sua expresion na obxeción de conciencia frente a obrigatoriedade do servizo militar fixose masivo en todo Occidente. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.