sábado, 4 de mayo de 2019

Razón ou orixe da nosa situación

As veces pensamos que as motivacions que moven a xente a actuar de determinada maneira non é relevante. De feito, nas leis e xuizos humanos a penas se contemplan. Pero isto é porque o ser humano recoñece a sua limitación no que ten que ver con acceder o corazón doutros, onde reside o seo das emocions, intencions, valores, etc. Deus é distinto. Él nos fixo, e a sua naturaleza todopoderosa supón que non hai cousa que se lle escape, estea a vista ou non. 

Cando Deus puxo a Adán e Eva no xardín de Edén tiña para eles en mente exactamente o que todos desexamos... unha vida eterna e libre. Por iso, so lles puxo unha lei... recoñecer a sua soberania, é dicir, que Él estaba por encima deles, e que, a última palabra e quen podia decidir os limites do ben e do mal era Deus. ¿é importante para a liberdade que houbese unha norma semellante? por suposto. Porque cando hai mais dunha persoa nun lugar xurden conflictos. E ao ser iguais non seria xusto que un decidira por outro. Pero Deus, tanto por ser o creador como pola sua capacidade, é a persoa idónea para facelo. 
¿e como podian demostrar ese respeto? en vez de facer unha lista ampla Deus lles pediu que non tocasen certa árbore, ou mellor dito, que non comeran do seu froito, como mostra do seu recoñecemento. Nembargantes, si tiñan permitido comer de todolos demais árbores, coidar dos animais e do xardín e disfrutar mútuamente e xuntos do seu matrimonio. 

Obedeceron? non. Eva primeiro e despois Adán, escolleron desobedecer e esta decisión fixo que Deus trouxera as consecuencias que les advertira... a saber, a morte. Non a morte instantanea, senon a enfermidade morte ou deterioro progresivo que estaria fixado nos seus xenes. Ao ser coma un molde deformado, os seus fillos nacerian co mesmo sino. É isto xusto? abandoar a estas criaturas a sua sorte non o seria. Por eso Deus planificou de inmediato unha solución. 

A solución consistia en que un ser humano perfecto pagase ca súa vida o prezo da que se perdera. Algo asi coma un rescate. O unico que tiña unha vida equivalente a perfeccion que Adán perdeu era Xesús, e por iso fixo o que moitos coñecen de oidas, dar a sua vida por nós. Pero entón, porque non desapareceu a morte? esa é unha cuestión a tratar a parte. O importante é que vai deixar de existir a morte. Deus promete que "tragarase a morte para sempre". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.