domingo, 5 de mayo de 2019

Conclusions

Novamente a miña sólida opinión é que hai que ser firmes e tomar decisions conscientes. Así como non deixamos que outros elixan por nós, e detestamos a idea de que outro o faga polos nosos fillos, non debemos permitir que a tecnoloxía o faga. 

Deus non nos pide que dexamos uns desgraciados, e de feito puidemos avanzar na tecnoloxia e noutros campos grazas as capacidades das que nos dotou. Sen dúbida quere que as aprobeitemos. Pero non mo ten que dicir Él para saber que as cousas estanse indo das nosas mans. Non podemos educar a una xeración que sexa capaz de agredir alguien porque lle fai perder nun videoxogo. Nin a obesos cuxos corazos non poidan con eles o 20 anos porque levan sen moverse dende sempre. A vida é un regalo e temos que coidala. 

E se nos poñemos no caso de que usamos a tecnoloxia moi pouco e ademaís o contido non é agresivo? hai outros factores a ter en conta. A que me refiro? falamos antes por exemplo das relacions sexuais. A maioria dos programas, axúdannos a manter os nosos principios morais? xa nin se quera vou falar de que as relacions sexan dentro do matrimonio e me vou transportar a algo que todos rexeitamos, o adulterio por exemplo. Non nos percatamos que a televisión cada vez intenta inculcarnos mais a persecución do noso pracer sen importar a quen firamos ou os limites que violemos? En que clase de persoa queremos converternos?

Eu estou convencido de que a maioria das persoas nin se plantexan esta pregunta. Xa bastante complicado e chegar a ser como un quere. Pero, que ocorre se nin se quera o pensas. Nin se quera o DECIDES. Nin se quera te plantexas loitar por conseguilo?
Pois o resultado e mais ou menos o que vemos... que todolos rapaces son mais ou menos iguais... queres iso para ti? Pode que queras ser un sedentario ou un psicópata e nese caso ole por ti pero se non é así, que farás? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.